miércoles, 22 de abril de 2020

CARTA AOS ALUMNOS DE 4º

Aos/ás alumnos/as de 4º A, 4º B e 4º C do CEIP Frei luis de Granada.

Queridos/as alumnos/as:

Tal como prometeramos achegámosvos as solucións para a autocorrección das fichas propostas, coas que seguro veredes recompensado o esforzo realizado, non só nestes días de confinamento senón durante todo o curso.

Escollemos este día para facelo por ser un día especial: 23 de Abril "Día do libro".

A pesar de estar nunhas circunstancias fóra do normal, queremos lembralo. Por iso vos propoñemos que fagades, nun folio, un debuxo ou cartel conmemorativo. Poñede toda a ilusión e o esmero, coma sempre, para facelo. Pretendemos recopilalos e facer un mural con todos eles, cando volvamos ao cole, para despois publicalo no noso blogue.

Todos xuntos facemos un grande equipo. Estamos desexando vervos e mandámosvos todo o noso cariño.

Unha forte aperta.

Orlando        Mª Carmen             Araceli

No hay comentarios:

Publicar un comentario