martes, 14 de abril de 2020

ÁREA DE SOCIAIS




Esta semana propoñémosvos  unhas  fichas para a área de Sociais nas que vós mesmos coa axuda dos maiores podedes comprobar o que sabedes.
É moi importante seguir os pasos que vos indicamos e non facer trampas.
As solucións das actividades colgarémolas no blogue a próxima semana para que poidades autocorrexirvos  segundo as instrucións que vos demos.

1º Adicade un tempo a  repasar os contidos:        
  • O relevo. Relevo e ríos de Galicia.
  • A Prehistoria: O paleolítico.

  Pasade a facer as actividades.
  •    Lede ben as preguntas e facédeas con calma procurando expresarvos ben e sen faltas de ortografía.
  •     Repasade o que fixestes para corrixir posibles erros.
Aquí debaixo tedes os enlaces para  que poidades imprimir a ficha que vos mandamos.


SEGUIDE TRABALLANDO CON MOITO INTERESE E
O ÉXITO ESTARÁ ASEGURADO.




No hay comentarios:

Publicar un comentario