martes, 14 de abril de 2020

ÁREA DE LINGUA




Esta semana propoñémosvos  unhas  fichas para a área de Lingua nas que vós mesmos coa axuda dos maiores podedes comprobar o que sabedes.
É moi importante seguir os pasos que vos indicamos e non facer trampas.
Estas fichas constan dunha comprensión oral e outras actividades relacionadas cos contidos traballados.

As solucións, tanto da comprensión oral como das actividades, colgarémolas no blogue a próxima semana para que poidades autocorrexirvos  segundo as instrucións que vos demos.

Adicade un tempo a  repasar os contidos que tiñades anotados para os controis de Lingua e Lengua.

Repasade tamén os textos instrutivos e a descrición de persoas dos que tedes varios exemplos na libreta.

Pasade a facer as actividades.

v COMPRENSIÓN ORAL

Pedídelle a un adulto que vos lea o texto dúas veces como faciamos na clase e logo marcade as respostas correctas na ficha sen mirar polo texto.

v OUTRAS ACTIVIDADES

     1º Lede ben as preguntas e facédeas con calma procurando expresarvos ben e sen faltas de ortografía.
    2º Repasade o que fixestes para corrixir posibles erros.

Aquí debaixo tedes os enlaces para que poidades imprimir as fichas que vos mandamos.


SEGUIDE TRABALLANDO CON MOITO INTERESE E
O ÉXITO ESTARÁ ASEGURADO.

FICHA DE ACTIVIDADES

No hay comentarios:

Publicar un comentario