domingo, 10 de mayo de 2020

ÁREA DE LINGUA


Imos ler. Dispoñédevos a aprender moitas cousas. A lectura da unidade 10 " O misterio das Burgas" vai ensinarvos moitas cousas sobre estas fontes termais.
LEMBRADE lede polo menos dúas veces esta lectura antes de poñervos a realizar as actividades.
NON ESQUEZADES se non sabedes algo volvede a ler para atopar a resposta.
Unha vez feita a lectura realizade as seguintes actividades:

  • Páxina 160 actividades 1, 2 e 4.
  • Busca en Internet información sobre as Burgas, fontes de auga termal que están en Ourense e contesta:
  • A que temperatura sae a auga?
  • Cal é a Burga máis antiga?
  • Antigamente para que usaban  os habitantes as súas augas?
Aquí vos cargo as páxinas que necesitaredes para  realizar as actividades, por se non tedes o libro na casa.


Como sabedes o día 17 de Maio é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano, debido ao coronavirus algunhas celebracións vanse trasladar ao mes de outubro. Nós, de todas maneiras imos recordar ese día, así que  tamén tedes unhas fichas sobre o autor ao que este ano se lle adica o día: Ricardo Carvalho Calero. Tamén na ficha de galego levades unha proposta para facer un cartel animando a usar a LINGUA GALEGA.



AQUÍ DEBAIXO TEDES OS ENLACES PARA TODAS AS ACTIVIDADES DE LINGUA


No hay comentarios:

Publicar un comentario