miércoles, 25 de marzo de 2020

Sociais, a Prehistoria

SOCIAIS     A PREHISTORIA
 Recorda que xa no curso pasado estudamola Prehistoria, buscamos imaxes en internet e confeccionamos un mural.

Agora vas ler a páxina 96  do libro, que están cargadas aquí no blogue, para recordar como se agrupaba o tempo: lustro = 5 anos  , década = 10 anos, século = 100 anos,  milenio = 1.000 anos e que significaba que os feitos sucederan antes ou despois de Cristo.

Le agora a páxina 97 para  recordar como se dividía a historia do ser humano.

Cunha liña verde aparece o período correspondente á Prehistoria, e ves que están marcadas nel tres etapas que son as partes nas que se divide.

Realiza as actividades 1 e 2 da páxina 97.


Na páxina 98 e 99 entramos de cheo na Prehistoria.

Le para recordar o que xa sabiamos do Paleolítico, primeira etapa da Prehistoria.

Realiza as actividades 5 e 6 da páxina 99.

Agora, realiza a seguinte ficha:

preguntas sociais


No hay comentarios:

Publicar un comentario