jueves, 18 de junio de 2020

ACTIVIDADES RECOMENDADAS PARA O VERÁN


ACTIVIDADES RECOMENDADAS PARA O VERÁN


  •     Ler todos os días.
  •     Contar o que leu oralmente e por escrito.
  •     Copiar fragmentos de textos sen faltas de ortografía.
  •  Redactar textos sinxelos( descrición de persoas e   paisaxes,   textos instrutivos, expositivos, noticia e   carta).
  •   Descompoñer e escribir como se len números de ata sete cifras( fíxate que separando a unidades  de millón e a unidades de millar levan punto, pero son números naturais non decimais).
  •     Descomopoñer e escribir como se len números decimais(fíxate que separando a parte decimal da parte enteira hai coma xa que son números decimais).
  •     Repasar  a táboa de multiplicar.
  •     Facer sumas,  restas e multiplicacións con e sen decimais.
  •    Facer divisións con dúas cifras no divisor. Non esquecerse de facerlles a proba.
  •     Resolver problemas con varias operacións.
  •     Repasar o reloxio analóxico e dixital e as moedas.
  •     Resolver problemas de tempo e diñeiro.



DESEXÁMOSVOS BOAS VACACIÓNS!


Orlando    Mª Carmen    Araceli


lunes, 15 de junio de 2020

CARTA AOS ALUMNOS/AS DE 4º



Queridos alumnos/as:
Remata un curso no que tivemos unha situación moi difícil provocada pola Covid19.
Coa colaboración das vosas familias e co voso esforzo fomos quen de superala con éxito.
Demostrástesnos o que xa sabiamos, que sodes uns alumnos/as capaces de adaptarvos a diferentes situacións e que poñedes todo o necesario da vosa parte.
Tal como vos prometeramos, elaboramos no colexio uns murais cos traballos que fixestes durante este trimestre, dos que vos achegamos as fotos para que vexades que ben quedaron!!

"Grecia"
"Día do libro"
"Fala galego"
"Entre todos salvaremos o planeta"

Tamén vos mandamos fotos dos vosos traballos, que aínda colgan das paredes e que seguen esperando por vós, para alegrarvos un pouco e para que recordedes os momentos divertidos.

Desexamos  que disfrutedes a tope do verán. Merecédelo.

Unha aperta moi grande dos vosos titores que vos recordan con moito cariño.

Orlando             Mª Carmen         Araceli